En canto aos eventos programados, iranse adoptando as decisións á medida das directrices esgrimidas dende o goberno. Deste xeito o xantar de maiores do 21 deste mes queda suspendido temporalmente.
Lembran que ante calquera sospeita de síntomas do Covid19, os teléfonos habilitados para as consultas son o 061 e o 900 400 116.
Neste intre, a corporación quere mandar unha mensaxe de unidade e serenidade.