Site icon Crónica3.com A Mariña

A Subdelegación do Goberno ofrece atención telemática e telefónica nas súas dependencias de atención ao público

Lugo, 16 de marzo de 2020.- Tras a declaración do Estado de Alarma, a Subdelegación do Goberno en Galicia adoptou medidas de atención telemática e telefónica nas súas oficinas para evitar a propagación do COVID-19 na atención ao público e, por outro, garantir a continuidade nos servizos á cidadanía. Suspéndese a atención presencial e anúlanse as citas previas concertadas mentres dure esta situación.
Estas medidas afectan as seguintes áreas integradas da Subdelegación do Goberno: Rexistro, Estranxeiría e Sancións e rógase a comprensión dos usuarios, así como a máxima colaboración para o seu cumprimento pois non teñen outro obxectivo que protexer a saúde de todos os cidadáns. Así, desde hoxe as solicitudes de información atenderanse telefonicamente no teléfono 982 759000.
COMO ACCEDER TELEMÁTICAMENTE AOS SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
Desde a Subdelegación do Goberno en Galicia lémbrase que a Administración Xeral do Estado dispón dun Punto de Acceso Xeral (PÁX) na dirección https:// administracion. gob.es. Este portal dá acceso a TODOS os procedementos (trámites) e servizos electrónicos das Administracións Públicas agrupados por materias, así como a información sobre o funcionamento e organización das Administracións Públicas e o Estado.
Este portal tamén dispón dun servizo de atención personalizada: unha caixa de correos de atención e un servizo de webchat en liña. Outras canles de atención son: o teléfono 060 e as redes sociais.
Ademais, tamén se dá información sobre emprego público, axudas, subvencións, bolsas e normativa de interese das Administracións Públicas e da Unión Europea (UE). E, por último, dá acceso aos sitios web oficiais dos Departamentos ministeriais, organismos autónomos, Comunidades Autónomas, Entidades Locais, así como ás súas sedes electrónicas.
SUSPENSIÓN DOS PRAZOS E TRÁMITES ADMINISTRATIVOS
Desde a Subdelegación do Goberno lémbrase que en virtude da decisión do Consello de Ministros suspéndense os termos e interrómpense os prazos dos procedementos administrativos en curso, regulados de forma directa ou indirectamente pola Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ata que cese o estado de alarma.

Exit mobile version