Daniel Vega recoñece así a vontade colaboradora da Xunta, sobre todo, “cando se constata que o Goberno central fracasou no compromiso autoasumido de centralizar a adquisición e distribución. Como consecuencia disto a Xunta decidiu –en colaboración coa Fegamp- atender a demanda de axuda dos Concellos galegos”.
“Está a facer o que non fixeron nin o Goberno Central, nin a Subdelegación do Goberno. Esta é unha competencia Estado. E isto dicímolo con humildade e sen triunfalismos, pero si que cremos que é bo que os cidadáns saiban o traballo que se está a facer dende as distintas administracións”, remarca.
Moito dese material procede de recursos propios, doazón de empresas, institucións e mesmo particulares que altruistamente non dubidaron en axudar nesta situación complicada. Isto supuxo e está a supoñer un gran esforzo tendo en conta a escaseza de material, sendo así o Goberno galego a única administración que fixo as entregas.
Dende o Grupo Municipal do PP agardan que outros gobernos “tomen nota” e actúen “coa mesma vontade”. É o caso, por exemplo, di, da Deputación; “institución que, a día de hoxe, aínda non deu ningún paso neste senso, a pesares de ter na súa razón de ser a axudas aos Concellos, sobre todo, a aqueles máis pequenos”-
Os populares da Ribadeo, quenes en días pasados tamén rexistraron unha proposta con medidas socioeconómicas, co fin de paliar os efectos desta crise santiaria, apelan unha vez máis á responsabilidade institucional e cidadá, xa que “de todos depende que saiamos antes desta parálise”, e agredecen o esforzo de todos os ribadenses que cada día acoden aos seus postos de traballo, sexan estes do sector que sexan, así como o dos veciños por ficar nas casas e evitar que se poidan producir máis contaxios ou mortes como a do ribadense que, desgraciadamente, faleceu en días pasados en Burela.