Site icon Crónica3.com A Mariña

A primeira Proba Popular de Orientación a pé Concello de Lourenzá, que se celebrará este domingo, día 8, conta con 154 rexistrados

 Lourenzá, 6 de marzo, 2020. Está organizada conxuntamente polo Club Atletismo Lourenzá e o Club Fluvial de Lugo, coa colaboración do Concello de Lourenzá e as Escolas Deportivas Lourenzá. O inicio terá lugar ás 10:30 horas e o peche de meta será ás 12:45 horas. Haberá tres categorías: Iniciación Curta (menores de 10 anos, con 12 balizas), Iniciación Longa (para maiores de 10 anos, con 14 balizas), e avanzada/adestro federados (con 22 balizas). Ás 10:00 horas, previamente á saída, daránselles instrucións aos corredores noveis nas probas de orientación. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría.

Exit mobile version