Site icon Crónica3.com A Mariña

A plataforma das auxiliares de Alcoa critica a administración da crise contra o coronavirus por parte da dirección da multinacional

 Cervo, 16 de Marzo de 2020. Dende a plataforma das auxiliares de Alcoa San Cibrao queremos amosar o noso descontento coa administración da crise contra o coronavirus por parte da dirección da multinacional.

Lonxe de realizar e coordinar un plan para reducir o mínimo posible a presencia de traballadores/as na planta, busca a maneira de aumentar quendas e presencia en horas de traballadores/as, que se están vendo obrigados a facer en algúns casos incluso horas extraordinarias.

O ministerio de saúde solicitou onte poñer no seu coñecemento a dotación de mascarillas, gafas de seguridade e EPIS de dotación sanitaria, xa que non reducimos o traballo na planta se non que o aumentamos, tamén aumentamos o gasto de estes equipos correndo así o risco de quedar sen dotación dos mesmos, ou sen poder entregalos si procedese as administracións públicas.

As medidas de hixiene son unha tomadura de pelo, tendo que pasar mil traballadores por uns tornos que se abren con sistema dactilar, pasando así o dedo por onde foi posto o de todos os compañeiros previamente, maquinas de auga que toca todo o mundo sen unha posterior descontaminación, maquinas expendedoras co mesmo problema…

Estamos ante unha situación de risco de que unha empresa se vexa obrigada a para a produción, ou de prestar o seu servizo, se un traballador se contaxia co covid-19, xa que pode contaxiar a todo o persoal de esa empresa e o non ter persoal de reserva como figura de retén na casa, cumprindo coas recomendacións das autoridades de permanecer na casa, e verse obrigada a deter o seu servizo o 100%.

Alcoa está premiando a produción por riba da saúde e hixiene dos traballadores/as da factoría, e polo conseguinte das súas familias.
Solicitamos a Alcoa que cumpra coa responsabilidade que ten nestes momentos e pense na saúde dos traballadores/as e das súas familias.

Exit mobile version