Cervo, 26 de febreiro, 2020. O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.
A actividade, presentada polo concelleiro de Deportes, David Rodríguez, polo instrutor do club, Julio Vázquez, e por varios integrantes da Escola, será o sábado 7 de marzo entre as 10:00 e as 14:00 horas.
A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.
Desde o Concello recordan “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”
Os interesados poden anotarse na propia piscina, chamando ao teléfono 609.42.32.10, ou enviando un correo a info@buceocostalugo.es.