Esta acción terá lugar na Casa das Letras de Ribadeo, o vindeiro xoves, 12 de marzo, e nela participarán a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, e profesionais de diversos sectores como o lácteo, o hortícola ou o vacún de carne. Previamente, o día anterior -11 de marzo- realizarase un reparto de información sobre a campaña “O rural galego sobre a mesa” no mercado local de Ribadeo.
Coa campaña “O rural galego sobre a mesa”, o SLG pretende chamar a atención sobre a necesidade de poñer en marcha políticas dende todas as administracións dirixidas a dignificar a profesión labrega e a vida no campo. Neste marco, estanse realizando accións por toda a xeografía galega, nas comarcas rurais, que culminarán o 17 de marzo cunha manifestación en Compostela consistente en rodear a Xunta de Galicia.