Desde Gaia subliñan que “o 15 de marzo é o Día Mundial do Consumo Responsable, e con esta actividade pretendemos que os rapaces se sensibilicen do importante que é facer un uso responsable dos alimentos, polo que ensinamos pequenos xestos que poden axudar: facer unha lista da compra antes de saír mercar, mirar a data de caducidade, consumir antes os que temos na casa e que caducan primeiro, aproveitar as sobras de comida, etc”. As monitoras contan que “no taller fixemos torrixas aproveitando pan duro, unha receita que se fixo sempre e que agora na maioría dos fogares non se fai”.