Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas do cocido no Hotel O Cabazo

O menú está composto por un aperitivo especial de Entroido (costela fretida, croquetas de cocido e queixo galego), ao que seguen sopa de cocido ou caldo galego, para dar paso a un bo cocido a base de lacón, cacheira, touciño entrefebrado, morro, orella, chourizo, chosco, patacas, garavanzos e grelos. De sobremesa haberá filloa, filloa rechea de crema e leite fretida. O menú estará regado por viño tinto mencía Alma (D.Ou. Monterrei) e inclúe augas minerais, café e licores da terra. O prezo é de 28 euros por comensal.

Exit mobile version