Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas de portas abertas en Lugar das Marías

 Xove, 20 de febreiro, 2020. Terán lugar en Lugar das Marías ata o 21 de febreiro, en horario de 10 a 18 horas, en Veiga nº 15 – A Rigueira (Xove).
O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer o establecemento a quen desexe visitalo e tamén recoller información do comercio local e de actividades na zona para poder ofrecerlla á nosa clientela. Así, podes traer tarxetas, dípticos ou datos do teu negocio ou proxecto para poñermos a disposición de turistas e visitantes de Lugar das Marías.
“Lugar das Marías *** é un establecemento hoteleiro que ofrece aloxamento e almorzo nunha casa de aldea rehabilitada, no que cada cuarto está dedicado a unha maría galega: Maruja Mallo, María Miramontes, María Casares, Maruxa e Coralia e a Avoa Presenta. Elas son as verdadeiras protagonistas das estancias e do espírito da casa.
Todas as persoas que durante estes días pasen por Lugar das Marías *** poderán participar no sorteo dun BONO-AGASALLO dunha estancia con almorzo para dúas persoas.

Exit mobile version