Viveiro, 6 de febreiro de 2020. Veciños de San Lázaro 16, en Viveiro, reclaman ao Concello que revise a colocación do vado 460 que dá acceso a un local de actividade descoñecida e que transcorre por chan privado.
Os veciños fanlle as seguintes preguntas ao Concello:
1) En que data foi outorgado ese vado e a que local, xa que a placa chegou a estar colocada no medio de dous locais.
2) É legal compartir vado nun local segregado.
3) Cal é o motivo de que non exista na beirarrúa municipal o correspondente rebaixe acompañado da correspondente liña amarela.
4) Sobre a actividade do local, onde se almacenan numerosos vehículos sen ter medidas preventivas (extintores, extracción, ventilación etcétera) que crean riscos potenciais para a comunidade.
5) Existe ordenanza municipal sobre vados. De ser así permite o paso de vehículos pola zona privada comunitaria coas consecuentes desfeitas no chan e elementos do portal que finalmente ten que afrontar a comunidade?
Os veciños non descartan emprender accións legais.