Site icon Crónica3.com A Mariña

Último adiós a Alejandro Maseda (A Lonxa) de CCA Burela

Este mércores tivemos unha nova triste que nos colleu por sorpresa, o falecemento Alejandro Maseda Villasante, fillo de Generoso e Amelia, donos do Restuarante A Lonxa, compañeiros de CCA Burela dende os pirmeros anos. Actualmente, Alejandro estaba á fronte do negocio familiar no porto de Burela. Gañou numerosos premios de tapas e este establecemento era recoñecido como referencia en toda Galicia pola calidade dos seus produtos. Desde a directiva de CCA Burela queremos dar o máis sentido pésame a toda a familia e aos seus seres queridos. Sempre no noso recordo. DEP. (ACIA Burela)

Exit mobile version