Site icon Crónica3.com A Mariña

Trinta persoas iranse de cea grazas ao sorteo da campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo

 Ribadeo, 19 de febreiro de 2020. Trinta persoas iranse de cea grazas ao sorteo da campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo, que tivo lugar este martes. Quince parellas gozarán das propostas gastronómicas xentileza doutros tantos establecementos hostaleiros de Ribadeo aos que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos agradece a súa colaboración.

As afortunadas e afortunados son:
Laura Fernández: gañadora da cea en O Cabazo, por unha compra en Docobo. Natural de Figueras.
Irene Pérez: gañadora da cea en O Tumbín, por unha compra en Calzados Menfer. Natural de Varres.
Lucia Garcia: gañador da cea en La Solana, por unha compra en Mika. Natural de Navia.
María Fojo: gañadora da cea no Voar, por unha compra en Mercería Torviso. Natural de Ribadeo.
Andrea Pérez: gañadora da cea en Costa Verde, por unha compra en Beep. Natural de Xixón.
Manuel Vizoso: gañador da cea na Horta de San Roque, por unha compra en Capturas de Pesca. Natural de Lourenzá.
Marta Cotarelo: gañadora da cea en Náutico, por unha compra en Gasolineira O Xardín. Natural de Ribadeo.
María Vitoria Pardo: gañadora da cea no Parador de Turismo de Ribadeo, por unha compra en Coco. Natural de Ribadeo.
María Carmen Rodríguez: gañadora da cea no Recuncho do Gordo, por unha compra en Din & Don. Natural de Taramundi.
Xusto Navarret: gañador da cea en Bar Galicia, por unha compra en R23. Natural de Ribadeo.
Miguel Pena: gañador da cea en Texturas Galegas, por unha compra en Acibeche. Natural de Ribadeo.
Eva Fernández, gañadora da cea en Porta Norte, por unha compra en Siñeiro. Natural de Ribadeo.
Carlos Méndez: gañador da cea na Quinta, por unha compra en Bimba. Natural de Tapia.
Jesús García: gañador da cea en O Alén, por unha compra en XardinEo. Natural de Ribadeo.
Antonio Martínez: gañador da cea no San Miguel, por unha compra en Naná. Natural de Ribadeo.

A maioría dos seus gañadores e os seus acompañantes gozarán deste agasallo de San Valentín o vindeiro sábado, 22 de febreiro, “aunque está abierto a que, debido a la celebración del Carnaval este fin de semana, puedan cambiar la fecha”, explica o xerente de Acisa, Jesús Pérez.

Adhesión

Por outra banda, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio, acaba de aceptar a adhesión de Acisa á Rede de Comercios e Mercados non Camiño. O presidente dos empresarios ribadenses, Francisco Iriarte, explica que “nos acaban de confirmar la adhesión de Acisa, a título colectivo, así como la adhesión particular de unos 70 comercios de Ribadeo, que son socios nuestros. Esto implica que podrán beneficiarse de las ayudas o subvenciones que la administración gallega convoque entorno al Camino de Santiago. Y además nos van a facilitar pegatinas identificativas para colocar en los locales que se suman a esta Rede y nos van a dar un lote de material de bienvenida”. E engade que “entre los locales de Ribadeo que forman ya parte de esta Rede de Comercios e Mercados no Camiño están comercios de moda y calzado, deportes, electrónica o alimentación”.

Exit mobile version