Site icon Crónica3.com A Mariña

Tomé asegura que o Goberno central negociará un acordo sobre o Estatuto Electrointensivo “satisfactorio para todas as partes”

 Lugo, 26 de febreiro de 2019. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, subliñou este mércores no Pleno que, gracias ao Goberno socialista liderado por Pedro Sánchez, hai un Estatuto do Consumidor Electrointensivo “sobre o que negociar”. “Agora toca facer unha diplomacia discreta entre todas as partes implicadas para sacar un acordo satisfactorio para todos. É o que defendemos nós e o que piden os traballadores”, asegurou José Tomé.

O mandatario provincial puxo en evidencia que, fronte ao traballo e compromiso dos socialistas, o PP non fixo nada en 7 anos no Goberno do Estado por resolver o problema de Alcoa, nin tampouco nos 11 anos ao fronte da Xunta para impulsar un plan de industrialización para Galicia, aínda tendo as competencias, como establece o Estatuto de Autonomía no seu artigo 30.

O Presidente lembrou que no ano 2012, a por aquel entón delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, prometeu bonificar a tarifa de Alcoa “e nunca se fixo”, e que o ex ministro de Industria, José Manuel Soria, dixo que en xaneiro de 2013 habería un sistema para garantir a competitividade das seis plantas españolas da empresa. “Promesas baleiras”, recalcou Tomé, que lamentou que os populares “tiveron cinco anos para solucionar o problema e non o fixeron. Fíano todo ao mercado cando gobernan, pero claro, cando o mercado golpea e non gobernan, a culpan de todo é dos demais”. Agora, “gracias aos socialistas, si hai un Estatuto Electrointensivo sobre o que negociar”, recalcou. Ademais, lembrou, co Partido Popular en Madrid, o CO2 compensábase con 6M€ e co actual Goberno, con 172M€, lamentando que o PP só fora a Alcoa “a sacar fotos e a facer declaracións incendiarias”.

“Nós damos a cara”, subliñou. “Eu xa sabía que hoxe ían dicir cousas que non me ían a gustar, pero hai que estar cos traballadores, porque teñen un problema e entendo a súa rabia”, engadiu.
Pola súa banda, a voceira provincial socialista, Pilar García Porto, incidiu en que o PSdeG pon por riba de todo o intereses dos traballadores de Alcoa, por iso votou a favor da moción dos populares, aínda cando o PP non quixo retirar da mesma “a súa propaganda electoral da Xunta”, ao negarse a quitar do texto da proposta de acordo que as alegacións ao Estatuto do Consumidor Electrointensivo as presenta o Goberno autonómico, pois quen formulou as propostas son os propios traballadores e traballadoras. “Apoiamos a proposta defendendo unicamente e unha vez máis os intereses dos traballadores e traballadoras, e das súas familias, e marcando unha clara distancia co Partido Popular, que tal e como quedou aquí demostrado só antepuxo o nome do señor Feijóo, enmascarado a través da propaganda institucional da Xunta de Galicia”.

Exit mobile version