Compostela, 20 de febreiro, 2020. Ás cero horas do 20 de febreiro remataba o prazo de candidaturas, que foron as seguintes:
PONTEVEDRA: Daniel Lago Leirós. Coñecido como Dani Lago, este polítologo é o Secretario Nacional de Organización, empresario en Vigo e colaborador de varios medios escritos de comunicación.
OURENSE: Eladio Fernández, avogado de Ourense que foi Deputado Provincial, na actualidade Concelleiro de CxG en Punxín.
LUGO: Juan Carlos Piñeiro Docampo, asesor laboral e actual Secretario Xeral de CxG é ademais membro do Consello do partido Demócrata Europeo e colaborador con medios de comunicación.
CORUÑA: Montse Almozara, xalleira que traballa no concello de Santiago e a Secretaria de Finanzas de CxG.
Será o Consello Nacional quen designe o candidato á Xunta entres os das Provincias e tamén pode introducir cambios nas confeccións finais das listas.
“CxG leva dende o ano 2012 na teima dun proxecto galeguista que sume e que reflexe o mellor posible a Galicia. Iso lexitima a nosa candidatura, os votos son dos galegos e galegas non dos partidos e sobre todo nunca contra ninguén. Mais tamén entendemos que é posible un entendemento ao xeito das xerais co BNG entre forzas co centro de decisión en Galicia sen dependencias, para o cal fai falla unha xenerosidade que quizais o momento electoral de fortaleza dun dos actores non favorece. CxG xa tivo esa xenerosidade no 10-N, mais agora toca xogar na casa, e CxG non renuncia a representar o seu modelo de Galicia e de sociedade galega, e acadar a boa acción de goberno que os nosos socios o PNV fan na súa terra ” remarcou Piñeiro Docampo.