Foz, 1 de febreiro, 2020. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 22 de marzo una excursión a Santiago de Compostela co seguinte programa:
1º)Visita a exposición Galiza, un relato no mundo.
A exposición Galiza, un relato no mundo instalada na Cidade da Cultura recolle máis de 300 pezas sobre o noso país, procedentes de diversos partes do mundo, a maioría das cales nunca foran expostas na Galiza.
A visita á exposición estará guiada por Manuel Gago, comisario da mesma
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-un-relato-no-mundo-algunhas-pezas-destacadas
2º)Visita ao Pórtico da Gloria
As obras de restauración do Pórtico da Gloria fixeron aflorar unhas impresionantes pinturas que mudaron absolutamente a fisonomía do espazo
A visita estará guiada por un membro do servizo de guías da Catedral de Compostela.
3º)Visita ao museo da Catedral e ao Panteón Real.
A Catedral de Santiago conta cun relevante que atesoura pezas de grande interese. A continuación acudiremos ao coñecido como Panteón Real, unha estancia no interior da Catedral onde se atopan enterrados diversos reis e raíñas galegas.
http://www.santiagoturismo.com/museos/museo-da-catedral
O número de prazas para esta viaxe está limitada, como consecuencia das limitacións de aceso aos locais de visita, polo que pregamos a aqueles que queiran a acudir que o fagan coa máxima urxencia, xa que a esta altura están cuberta a metade das prazas. O custo da excursión é de 35 euros para socios e socias e 38 euros para o resto dos asistentes, inclue autobus, xantar e as diversas entradas . Se queredes apuntarvos chamade ao 608-555-010. Iremos inscribindo por rigorosa orde de anotación.