Site icon Crónica3.com A Mariña

Os atletas do C.D. Egovarros-Viveiro acadaron 8 medallas no Campionato galego Máster de pista cuberta

 Viveiro, 24 de febreiros, 2020. O sábado celebrouse en Ourense o Campionato galego Máster de Pista Cuberta, cunha alta participación dos atletas veteráns de Galicia, onde os atletas que representaron o equipo vivariense acadaron 8 medallas: 4 de ouro e 4 de prata. Entre a categoría femenina, Mari Luz San Martín en W70, proclamouse campioa nos 400 m e subcampioa nos 200 e 60 m, cadando nas 3 probas a marca mínima para participar no Campionato de España de pista cuberta. Na categoría masculina, os medallistas foron: Domingo Álvarez en M65, campión galego en 800 m e 400 m e subcampión en 200 m, acadando tamén as mínimas para o campeonato de España; Antonio Cabana en M75, campeón galego en 3000 m, facendo tamén a mínima para o campionato de España e Jose Ángel López en M45, subcampión galego en 3000 m.

Exit mobile version