Site icon Crónica3.com A Mariña

Os alumnos de 4º de Primaria do CEIP Virxe do Carme, de Burela, foron esta mañá de excursión polo municipio coas monitoras de Gaia

 Burela, 27 de febreiro, 2020. Os rapaces estiveron a coñecer unha parte da historia de Burela, da súa arquitectura civil e do patrimonio artístico. Desde Gaia explican que “primeiro visitamos a casa señorial de Vilar, antiga propiedade de Don Pedro de Bolaño. Seguimos coa Fonte da Lamela, situada na Vila do Medio e o lavadoiro que se atopa ao seu carón. Logo fixemos unha parada na Igrexa da Vila do Medio, onde aproveitamos para explicarlles aos rapaces a importancia das pinturas murais que se atopan no seu interior, a historia de cómo se atoparon e por qué se descoñecía a súa existencia ata hai relativamente pouco tempo. E por último visitamos a Casa Torre, da que só se conserva o escudo, no que locen as armas dos Cabarcos”.

As monitoras de Gaia, do Concello de Burela, engadiron que “foi unha excursión que achegou aos rapaces á Burela dos séculos XV, XVI, XVII e principios do XVIII, onde a pesca da balea era unha das actividades económicas de maior importancia”.

Exit mobile version