No senado, asume outras responsabilidades “formando parte da Comisión Xeral de Comunidades Autónomas, como xa o fixo na pasada lexislatura, así como da Comisión de Despoboación e o Reto Demográfico. Dende aquí traballarei duro para impulsar propostas que contribúan a reverter a situación actual, nestes dous ámbitos que tanto afectan á nosa provincia e a Galicia”.
Biografía
César Mogo, Valadouro-1960. Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía. Foi director Xeral de Asuntos Institucionais da Presidencia do Goberno, así como Director do Gabinete do Ministro da Presidencia e da Secretaria de Estado de Función Pública, e tamén ocupou o cargo de Director do Gabinete da Secretaria de Estado de Inmigración e Emigración.