Ribadeo, 7 de febreiro de 2020. O menú inclúe un cóctel de benvida con copa de espumoso Alma Atlántica Mencía Rosé e Fresón do Amor. A continuación, de aperitivos, servirán lagostino cruxiente con redución do Porto e croqueta cremosa de espinacas e gambas sobre niño de patacas palla e allo porro. O primeiro prato será tournedó de rape albardado de touciño ibérico e mechado con verduriñas e de segundo prato haberá carrilleira de porco ibérico ao mencía. A tentación doce será copa mousse de chocolate, xelatina de laranxa, amorodos e nata. Tamén inclúe viños Albariño Quinta de Couselo e Ribeira do Douro Carmelo Rodero, ademais de café
O prezo é de 35 euros por persoa e pode reservarse no propio restaurante A Horta de San Roque, que está no número 48 da rúa do mesmo nome na vila ribadense, ou a través do teléfono 604.08.05.69.