A Deputación achegará 30.000 euros, repartidos en dúas anualidades, para o filme, que narra as desventuras dun actor obsesionado coa filmografía do director dinamarqués Nicolas Winding Refn e que decide afastarse do mundo da interpretación por un tempo. Tras o éxito do seu debut con Dhogs, Gaitafilmes está a producir o segundo traballo de Andrés Goteira, un director e guionista nado en Meira. Dhogs foi o primeiro filme rodado en galego estreado no festival de Sitges do 2017. Ese mesmo ano, Dhogs gañou 13 das 17 candidaturas ás que optaba nos Premios Mestre Mateo.