Sandra Vázquez subliñou que “este apoio aos traballadores de Muebles Hermida é o mesmo que desde o Goberno galego se está a prestar aos milleiros de empregos industriais que neste momento están en perigo, en empresas como Alcoa, a central de As Pontes, o estaleiro de Navantia, Ence ou os afectados pola modificación da Lei de Costas”.
POLÍTICA INDUSTRIAL INEXISTENTE
“A inexistente política industrial, xunto coa inestabilidade do Goberno de Pedro Sánchez, están a xerar unha enorme desconfianza e incerteza que xa se está a notar, ocasionando unha desaceleración económica significativa”, sinalou.
A deputada popular lembrou que “a Xunta dispón dun paquete de apoio ás empresas e traballadores afectados polo actual momento de inestabilidade, que inclúe un novo programa de axudas para traballadores afectados polos EREs, dotado con catro millóns de euros, acordado dentro do diálogo social con patronal e sindicatos”.