Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES de Foz celebra este xoves a primeira Xornada de Muller e Ciencia, que organiza o departamento de Matemáticas do centro, dirixida a alumnado da ESO, Bacharelato e FP Básica.

Durante a xornada o alumnado asistiu a unha charla a cargo da Decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, Elena Vázquez Cendón. O alumnado de Hostalería do IES de Foz colaborou nesta actividade elaborando unhas galletas coa forma da molécula da auga, que foron repartidas entre os asistentes.

Exit mobile version