Durante a xornada o alumnado asistiu a unha charla a cargo da Decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, Elena Vázquez Cendón. O alumnado de Hostalería do IES de Foz colaborou nesta actividade elaborando unhas galletas coa forma da molécula da auga, que foron repartidas entre os asistentes.