Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo provincial do PP felicita ao PSOE por recoñecer “os éxitos da Xunta de Galicia” en materia tecnolóxica e sanitaria

Lugo, a 26 de febreiro de 2020. O Grupo Provincial do Partido Popular felicita ao PSOE por recoñecer “os éxitos da Xunta de Galicia” en materia sanitaria e do uso de novas tecnoloxías, ao tempo que critican que sexa agora que o Polo de Rozas comeza a desenvolver proxectos útiles, “se queiran sumar ao carro”.

Tal é así que, o vicevoceiro José Antonio García, sinalou que “é unha lástima que cando se empezou a anunciar e presentar o que se ía facer en Rozas, algúns dixeran que era un derroche”

Os populares abstivéronse na proposta do Goberno para reclamar a Xunta a posta en macha dun plan que incorpore o uso destes dispositivos á atención sanitaria no rural, xa que é indiscutible o firme compromiso do Goberno de Galicia nos eidos sanitario e da I+D+I. Todo elo, a pesares de que dende que Feijóo é presidente da Xunta, por parte da esquerda o que sempre primou foi un intento de desprestixiar a sanidade galega.

“Dixeron que a sanidade pública estaba en risco de morte, pero é unha das mellores do mundo e se avanzou nesta materia en todos os niveis. Dende o ano 2009 vostedes levan pechando hospitais que nunca se pecharon e levan dicindo o mesmo argumentario. Por algo lles chaman socialistas de pacotilla, pero a realidade é que contamos cos mellores hospitais e isto non é unha opinión subxectiva do Partido Popular”, afirmou García.

Por este motivo, dende o PP agradecen que dende o PSOE se recoñeza publicamente a xestión da Xunta de Galicia para mellorar o sistema sanitario galego e por favorecer o investimento tecnolóxico na nosa provincia, converténdonos nun lugar de referencia en materia de I+D+I.

Exit mobile version