Hoxe, venres, a partires das cinco da tarde terá lugar no Teatro a Festa do Freixó, que seguirá mañá, sábado, desde as 12 do mediodía. Xa pola tarde, ás 20:30 horas, no parque de San Francisco terá lugar a saída da carroza da Comisión do Entroido, que percorrerá as rúas de Ribadeo. A xornada estará animada polas charangas locais.
O domingo ás doce do mediodía sairá a Comparca da Cocha, que estará acompañada do cuarteto Illa Pancha. Pola tarde a partires das 19:00 horas na praza do Cantón haberá concentración de mascaritas, con animación musical e premios gastronómicos. Durante o día as charangas locais animarán as rúas da vila.
O luns ás cinco da tarde celebrarase o Baile Infantil de Disfraces, na sala Rosa Lar. E pola noite ás 21:30 horas será a Cea do Entroido no restaurante Marinero.
O martes, festivo local, o grande desfile sairá ás cinco da tarde desde a Casa do Concello para percorrer as principais rúas da vila. En total vanse repartir máis de 4.000 euros en premios.