Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, felicitou a Benedicta Sánchez por conseguir o premio Goya como mellor actriz revelación, e agradeceu o seu gran labor de embaixadora por “difundir o nome da provincia e de Galicia no mundo”.

Balseiro recibiu á actriz na Delegación Territorial da Xunta en Lugo e expresou o seu recoñecemento, e o do Goberno galego, ao excelente traballo que realizou na película O que arde, de Oliver Laxe, “xusta merecedora dos premios que lle outorgou a Academia de Cine española e de todos os que está a obter no ámbito internacional”.

Exit mobile version