En concreto, Lucía Martinez gañou recentemente o circuito asturiano Sub 14 e Claudia Prieto quedou terceira no circuito Sub-16. As dúas mozas, do Viveiro Surfing Family, destacan ademais polas súas cualidades humanas.
“É un orgullo para min ver a dúas mulleres tan novas acadando estes éxitos e tamén unha responsabilidade para o concello, o feito de que aumenten os éxitos deportivos obríganos a impulsar aínda máis o deporte e a loita pola igualdade real, que para o noso grupo de goberno son dúas prioridades”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
O concello agradece o esforzo dos adestradores e de todos os mozos e mozas que practican surf ou calquera outra modalidade deportiva en Viveiro.