O proxecto, cofinanciado por The Coca-Cola Foundation coa colaboración da Deputación de Lugo, chegará a varios concellos da provincia, entre eles Viveiro os días 16 e 17 de marzo.
Nesas dúas xornadas, todas aquelas mulleres interesadas recibirán formación a través de varios obradoiros gratuítos, impartidos con metodoloxías participativas en orientación laboral, sensibilización emprendedora e innovación empresarial.
“Como concello, aínda que non temos competencias en materia de emprego, estamos na obriga de impulsar e apoiar todas aquelas iniciativas destinadas a mellorar a formación e impulsar a empregabilidade dos nosos veciños e veciñas”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
“Neste caso, ademais, é unha iniciativa para mulleres, polo que é importante na busca doutro obxectivo prioritario para este grupo de goberno, como é a igualdade real”, engade.
Os obradoiros serán en horario de mañá e tarde na sala multiusos do concello. Para apuntase ou ampliar información, as interesadas poden entrar na web https://preinscripcion.giramujeres.com/alma. Tamén poden chamar ou escribir un whatsapp ao teléfono 644 745 184.