Os composteiros, así como a formación pertinente será ofrecida por Sogama, ao estar adscrito o noso concello desde 2010 ao Programa de Autocompostaxe. Na mesma xornada, se lles entregará aos participantes unha guía de instrucións e consellos para completar a formación. Desde o Concello ofrecerase un servizo de asesoramento para solventar as dúbidas que ao longo do proceso poidan surxir.
Hai que lembrar que son moitas as vantaxes que supón para o medio ambiente, a economía e a sociedade.
Esta técnica consegue a recuperación de residuos orgánicos, que supoñen cerca do 40% do total do noso lixo e produce compost que aportará numerosos nutrientes ao solo, mellorando as propiedades físicoquímicas e biolóxicas do mesmo. Pero tamén se trata de recuperar unha tradición en Galicia, como é a separación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost.