Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Ribadeo, acolleu unha nova fin de semana tecnolóxica organizada por Apaga

 Ao curso sobre climatización, no que se abordaron cuestións coma os novos gases que se van utilizar nos vehículos, asistiron 20 persoas, que recibiron formación durante 8 horas. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, lembrou que ata finais de maio todas as fins de semana haberá actividades en Ribadeo e agora tamén na Coruña. O vindeiro sábado, 7 de marzo, celebrarase un novo curso en Ribadeo, que versará sobre colorimetría. Será impartido por Julio López.

Exit mobile version