Foz, 17 de febreiro de 2020. Esta mañá tivo lugar o sorteo de 500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos que participaron na campaña de San Valentín do Centro Comercial Aberto de Foz. En total foron 77 comercios os que ao longo dos últimos días estiveron a repartir papeletas entre a súa clientela para participar no sorteo dos agasallos que se celebrou hoxe en Radio Foz.
O primeiro premio, dotado con 200 euros en vales de compra foi para o 21.755. Esta papeleta foi repartida en Don Zapato. Os outros seis premios, aos que lles corresponden vales de 50 euros a cada un, foron para o 16.597, que foi entregado en Chinela Nenos; o 24.622 repartido en Maas Saúde; o 27.299, entregado en Kukadas; o 22.139 repartido en Sueños; o 17.403 en xoiería Iria Rodríguez; e o 24.150 que foi repartido en Amarena.
As persoas posuidoras das papeletas premiadas deben poñerse en contacto co Centro Comercial Aberto de Foz para pasar a recoller os seus premios ao longo dos vindeiros días.
Con esta campaña do CCA focense colaboraron: o Concello de Foz, Radio Foz e a Xunta de Galicia.