Site icon Crónica3.com A Mariña

Nas inmediacións do Concello de Burela tivo lugar este martes unha concentración en repulsa polo último asasinato machista cometido en Lugo hai uns días

Os asistentes gardaron un minuto de silencio en lembranza de Clara María Expósito. O alcalde, Alfredo Llano, e os seus compañeiros no equipo de goberno: Noelia Mª Ben, Toñi Eijo, Carmela López, Ramiro Fernández e José Díaz, participaron no acto desenvolvido este mediodía.

Exit mobile version