Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio cento de persoas asistiron este sábado na Casa do Mar, en Ribadeo, á xornada de trampeo de velutinas, que organizou o Concello coa colaboración da asociación Os Abelleiros

Os encargados de impartir a charla, na que se falou da avespa velutina, do trampeo de primavera, da confección de trampas caseiras e de atraíntes, foron Antonio Valea e Marcos Villamil, secretario e presidente respectivamente de Os Abelleiros. A xornada enmárcase na campaña que leva a cabo o Concello coa colaboración de Os Abelleiros para loitar contra a avespa velutina e que contempla a colocación de 20 trampas en espazos públicos do casco urbano. Na Casa do Mar estiveron esta tarde os concelleiros de Medio Ambiente, Medio Rural e Obras, Jorge Díaz, Jesús Mundiña e Mónica Freire.

Exit mobile version