Viveiro, 4 de febreiro, 2020. Estas son as iniciativas que o BNG defenderá no pleno deste mércores.
Preguntaremos en base a qué causas, concretas e detalladas, se decidiu pechar a Piscina Municipal os domingos, así como, se nos informe acerca do estado de elaboración da bolsa de traballo para contratar persoal na piscina e que se lle den resposta por escrito ao documento presentado pola veciñanza no pasado mes de outubro.
Dotar de Fibra de alta velocidade o Polígono de Landrove e o rural de Viveiro. Preguntaremos que actuacións están a levar a cabo dende o Goberno Municipal para solucionar a problemática de que estas zonas non dispoñan todavía de internet a alta velocidade.
Solicitaremos que o Concello publique un Bando Municipal recordando da obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas, temos que evitar que cos temporais que cada vez son máis habituais, queden veciñas incomunicadas pola caida de árbores sobre estradas e pistas, a maioría das cales poderían ser evitábeis de cumprirse coa normativa.