Site icon Crónica3.com A Mariña

Francisco Iriarte renova dous anos mais o seu compromiso con Acisa Ribadeo, ao fronte dunha candidatura presentada para dirixir o colectivo

 Ribadeo, 21 de febreiro de 2020. Francisco Miguel Iriarte Quintana renova dous anos mais o seu compromiso con Acisa Ribadeo, ao fronte dunha candidatura presentada para dirixir o colectivo.
Tal e como informou o xerente da asociación, Jesús Pérez, aos seus socios e socias esta tarde, so se presentou unha candidatura, a liderada por Francisco Miguel Iriarte Quintana, ao proceso aberto hai uns días para proceder á elección da directiva que levará as rendas de Acisa ao longo dos dous vindeiros anos.
Ás 19:00 horas do dia de hoxe rematou o prazo de presentación de candidaturas para renovar a xunta directiva de Acisa Ribadeo, e so se presentou unha.
Segundo informou o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “seguindo as normas da asociación pasadas as 19:00 horas notifiqueilles a todos os socios e socias, que rematado o prazo de presentación de candidaturas solo se presentara unha para renovar a directiva de Acisa Ribadeo. Dita candidatura foi presentada cumprindo os tramites necesarios e nos prazos establecidos. Está composta por Francisco Miguel Iriarte Quintana, de Gráficas Ribadeo, como presidente; Roberto Rivas Tomé, de Restaurante Marinero, como vicepresidente; Maria Antonia López Lens, de Xeito, como secretaria; Manuela Torviso Pérez, de Mercería Torviso, como tesoureira; e como vogais Carmen Cruzado Iglesias, de Faro Norte Comunicación, e Jose Antonio Lombardero Bellón, de Bar Queimada”.
E engade “na notificación aos asociados emprazáselles a asistir á asemblea do próximo xoves, 27 de febreiro, no salón de actos da antiga casa sindical ás 20:30 horas, onde tomará posesión a nova directiva”. A candidatura encabezada por Francisco Iriarte presentará as liñas de traballo a seguir nos dous próximos anos, que están enmarcadas nun novo proxecto. Ademais darase a coñecer unha nova ferramenta para aos asociados e asociadas e para os clientes, que será unha novidade moi útil, de aí a importancia de asistir a esta asemblea.
Iriarte Quintana dixo que “este viernes por la mañana, al ver que no había candidaturas, decidí formalizar oficialmente la mía junto con el grupo de personas que me acompañan y con las que había comentado a lo largo de la semana la posibilidad de continuar si nadie cogía el relevo, para poder seguir trabajando dos años más por el comercio, la hostelería y los servicios de Ribadeo”.

Exit mobile version