Mondoñedo, 20 de febreiro, 2020. A actividade “Da o paso: Emprende no Rural”, levada a cabo onte no centro, consistiu nunha serie de charlas impartidas por María Bermúdez da Granxa Ecolóxica Casa Grande Xanceda do Concello de Mesía (A Coruña) que fabrica e distribúe iogures e queixos principalmente.
O obxectivo principal que se pretende conseguir mediante estas actividades é orientar ao alumnado ao emprendemento no rural, e de paso loitar contra o fenómeno da despoboación na Galiza.
As charlas contaron co apoio de representantes de exitosas empresas galegas cuxos promotores apostaron polo rural, como por exemplo “Eferro”, no Concello de Vila de Cruces (Pontevedra) que produce calzado partindo do zoco tradicional galego; “Orballo”, que produce principalmente infusións ecolóxicas no Concello de Paderne (A Coruña), e “Naturavia” de Rivadavia (Ourense) adicada a producir cosmética natural a partir de produtos ecolóxicos.
Outra das variables que se tenta transmitir é o grande potencial que temos no rural galego sobre todo si sabemos poñer en valor o noso carácter diferenciador.