Fixeron un obradoiro de rosquillas e confeccinaron disfraces para a celebración do entroido nunha xornada de convivencia cos nenos e nenas do CEIP Península da Paz, dentro do proxecto interxeneracional que se desenvolve entre os dous centros. O obxectivo destas actividades é proporcionar aos maiores un entretemento saudable e divertido que favoreza as súas relacións sociais e mellore os seus momentos de lecer.