A Misa Solemne terá lugar na Santa Iglesia Catedral Basílica de Mondoñedo ás 12:30 horas. Este ano, a cerimonia adiántase un día ao caer o 1 de marzo (festividade de S. Rosendo) en domingo.
Foi en 1976, sendo bispo de Mondoñedo-Ferrol Mons. Araújo Iglesias, cando se aprobou a Misa e o Oficio de San Rosendo. Posteriormente, na primeira edición do Misal Romano en lingua galega, reflíctese a Misa de San Rosendo, que se propón como solemnidade para a diocese de Mondoñedo-Ferrol e como festa de memoria obrigatoria no resto de dioceses galegas.
En 2007, celebrouse o XI centenario do seu nacemento (ano 907), o que, sen dúbida, serviu para tomar conciencia do significado humano, relixioso e pastoral da persoa de San Rosendo.
O sábado, de forma previa á Misa, na Sala Capitular do templo catedralicio, celebrarase (11:00 h.) a reunión do Cabildo Catedral de Mondoñedo, composto na actualidade por dezaseis cóengos (dous deles, eméritos), e que será presidida polo bispo Mons. Das Heras Berzal, CMF.