Site icon Crónica3.com A Mariña

Catro alumnos lituanos farán prácticas durante un mes en empresas da zona. Chegan este domingo a Ribadeo da man de Apaga

Ribadeo, 29 de febreiro de 2020. Da man de Apaga mañá, domingo, chegarán a Ribadeo catro alumnos lituanos, que farán prácticas en empresas da zona durante o mes de marzo. Chegan acompañados de dous profesores, que estarán con eles durante unha semana.
O presidente de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia), Álvaro Doural, confirma que “seguimos a recibir visitas dos nosos socios europeos. Nesta ocasión van chegar a Ribadeo 4 rapaces de Lituania que van facer prácticas en empresas da zona durante o mes de marzo. Van estar na Peugeot, na Opel, na Volkswagen e en Talleres Martín. Veñen acompañados de dous profesores, que pasarán aquí unha semana”.
Doural engade que “ademais de vir ás nosas empresas tamén aproveitarán para coñecer a nosa cultura, a nosa paisaxe e a nosa gastronomía. Desde Apaga faremos con eles diversas visitas tanto por Ribadeo como por outros concellos galegos e asturianos da nosa contorna”.

Exit mobile version