Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela celebrou o Día de Rosalía coa lectura dun manifesto, coa interpretación de Negra Sombra e coa colocación dunha pancarta na fachada do Concello

 Burela, 24 de febreiro de 2020. Da fachada do Concello de Burela colga unha pancarta conmemorativa do día de Rosalía.
Tamén nesta xornada procedeuse á lectura do manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega no salón de plenos. E despois alumnado do CEIP Vista Alegre interpretou a canción Negra Sombra, baseada na composición de Rosalía de Castro. Os rapaces e rapazas estiveron acompañados por Óscar Fernández, guitarrista de Eu Son Band.
Nos actos celebrados esta mañá participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.
Ao longo da toda a semana farase un reparto nos colexios de Burela de marca páxinas conmemorativas, que tamén estarán dispoñibles para os usuarios e usuarias que se acheguen estes días á Biblioteca Municipal, á Casa da Xuventude ou ao propio Concello.

Exit mobile version