Burela, 24 de febreiro de 2020. Da fachada do Concello de Burela colga unha pancarta conmemorativa do día de Rosalía.
Tamén nesta xornada procedeuse á lectura do manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega no salón de plenos. E despois alumnado do CEIP Vista Alegre interpretou a canción Negra Sombra, baseada na composición de Rosalía de Castro. Os rapaces e rapazas estiveron acompañados por Óscar Fernández, guitarrista de Eu Son Band.
Nos actos celebrados esta mañá participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.
Ao longo da toda a semana farase un reparto nos colexios de Burela de marca páxinas conmemorativas, que tamén estarán dispoñibles para os usuarios e usuarias que se acheguen estes días á Biblioteca Municipal, á Casa da Xuventude ou ao propio Concello.