Na Uned Viveiro voltou impartirse o Curso de Econoloxía impartido por Lucas Requejo. Centraron a aprendizaxe a través da alimentación. E ademáis de reflexionar sobre o sistema de Viveiro, tiveron ocasión de realizar visitas pola comarca. A primeira foi ao mercado semanal de Mondoñedo e a dúas hortas en ecolóxico en Ferreira. A segunda foi no Ortegal, coñeceron o mercado semanal de Ortigueira, Granxa Caxigueira de producción de carne vacún e Conservas Mar de Ardora produtora de algas. Esta semana finalizan o curso en Lugo. Xa está aberta a inscripción do segundo cuatrimestre. Tamén haberá curso de Historia da música impartido por Javier Franco e de Inglés Turístico impartido por Rosario Rouco.