Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares insta ao executivo central e aos seus socios de goberno que escoite ao comité de empresa de Alcoa e aos seus traballadores

 Cervo, 22 de febreiro de 2020. O alcade de Cervo, Alfonso Villares, pídelle ao executivo central e aos seus socios de goberno que escoite ao comité de empresa de ALCOA e aos seus traballadores, que lles reclaman que cumpran coa súa palabra e redacten un estatuto electrointensivo xusto que permita manter a industria do aluminio na comarca da Mariña.
Tanto CIG, como CC.OO. e como UGT levan xa tempo pedíndolle ao executivo central un abaratamento do prezo da enerxía que lles permita competir co resto de empresas produtoras de aluminio de Europa.
Villares resaltou que “o comité de empesa e os distintos sindicatos están traballando a reo para seguir mantendo a industria do aluminio na nosa comarca, polo que agora tócanos a nós como cidadáns mostrarlles o noso apoio e mobilizarnos”.
Segundo indicou Villares “esto non se trata dunha cuestión de bandos políticos, senón de supervivencia. Se non se consegue un prezo competitivo da electricidade para a produción de aluminio as consecuencias na zona da Mariña van ser catastróficas”.
Con este motivo o edil cervense pídelle a todos os mariñáns “que nos olvidemos das nosas identidades políticas, pois esta é unha loita que nos concerne a todos e todas. Este é o momento de aunar esforzos e atender aos chamamentos que desde os sindicatos de ALCOA están facendo á nosa veciñanza para facer forza e conseguir que se siga producindo aluminio na nosa comarca.

Exit mobile version