Site icon Crónica3.com A Mariña

Acto Día da Muller este domingo en Trabada

Trabada, 23 de febreiro, 2020. O Concello de Trabada organiza o domingo día 1 de marzo ás 12h na Casa da Cultura a presentación do libro “Senlleiras” da escritora Antía Yañez, outra voz feminina, xoven e da nosa comarca na literatura galega.

PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018
“Senlleiras” é a novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.

Con este acto acto queremos impulsar a participación directa da veciñanza, poñendo especial énfase nas mulleres porque hai que recordar que elas son o 52% do planeta, máis da metade da poboación.

Por elo, tomar decisións sobre Igualdade convírtese na primeira obriga das administracións públicas.

Despois deste acto compartiremos comida no Mesón Camiño Norte

Para iso é preciso anotarse chamando ao número de teléfono do Concello (982.135.011)

Exit mobile version