A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda construíu no municipio catro promocións que suman 117 vivendas dispoñibles, das que 50 corresponden a esta urbanización de San Cibrao. Na actualidade están practicamente todas ocupadas.
A xestión do parque residencial corresponde ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que cando unha vivenda queda vacante acomete as reparacións necesarias -de ser o caso- para volver a adxudicala en boas condicións.
As persoas interesadas en optar ás adxudicacións poden inscribirse en calquera momento no Rexistro Único de Demandantes, de xeito presencial ou ben a través da sede electrónica da Xunta.