Cervo, 23 de Febreiro de 2020. Dende a plataforma das auxiliares de Alcoa San Cibrao queremos amosar o noso total apoio a manifestación convocada polo comite de Alcoa para o vindeiro dia 26 de Febreiro en Lugo.
Deste xeito facemos un chamamento a todos/as traballadores/as das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao a secundar a manifestación.
Estamos na recta final do proceso de alegacións o estatuto das empresas electrointensivas, e debemos mandar unha mensaxe forte e clara ao goberno do estado para que atenda as alegacións feitas dende os diferentes sindicatos.
Dende a plataforma queremos agradecer o convite realizado pola Vicepresidencia da deputación provincial de Lugo, a participar na reunión conxuntamente co comité de Alcoa, recoñecendo así, á representación dos traballadores/as das empresas auxiliares de Alcoa.
Tamén o noso agradecemento ao comité de Alcoa por poñerse en contacto con nós para secundar dita manifestación, a unión daranos a forza.