Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo súmase este martes aos actos do Día Internacional contra o Cancro, unha iniciativa promovida pola Asociación Española Conta o Cancro. A fachada do Pazo de San Marcos iluminase de cor verde como mostra de apoio á loita contra o cancro

Con estes xestos, a institución provincial súmase á campaña de concienciación sobre esta doenza e insiste sobre a importancia de acudir a controis e a probas para poder detectala a tempo; temas sobre os que este ano pon o foco a Asociación Española contra o Cancro no Día Internacional da Loita contra o Cancro, que ademais organiza este sábado a segunda edición da Milla e Andaina contra o Cancro en Lugo, iniciativa coa que colabora a Deputación.

Exit mobile version