Trátanse das vías LU-P-4802, que conecta Santalla, Navallo e Ponte Soutelo, entre os quilómetros 8 e 11; da LU-P-4806, que vai dende Vilaxe por Galegos ata Ribeira de Piquín, entre os quilómetros 0 e 2,1; e a LU-P-4809, que une Conforto e Souto de Mogos, entre os quilómetros 0 e 1,23.
As obras consisten na limpeza de cunetas, drenaxe e extensión dunha mestura de bituminosa en quente. “Se as condicións climatolóxicas son axeitadas, os traballos quedarían rematados a finais de marzo, principios de abril”, explica o Presidente.