Trátase dunha montaxe escénica e musical destinada ao público familiar que, ademais de conxugar música e teatro, tamén achega una nova maneira de descubrir este conto, premiado internacionalmente, que foi traducido a máis de 20 idiomas, publicado en 25 países e que se converteu nun éxito entre as crianzas dende a súa primeira edición no 1989. A función terá lugar na Casa da Cultura de Burela este sábado, día 15, ás seis da tarde.
A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza é unha obra que semella unha caixa de sorpresas, unha orixinal historia para gozar coa peripecia da Toupiña que unha mañá se atopou cunha caca na súa cabeza e non sabía quen lla fixera. Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo.
“En escena contaremos coa presenza da actriz e dramaturga Celtia Figueiras, co titiriteiro e cantante Luis Vallecillo e o músico-compositor Pablo Sanmamed”, explican desde a Concellería de Cultura.
Ademais darase a coñecer entre o público burelés o recén creado Club da Toupi, no que as nenas e nenos poderán seguir a esta simpática personaxe a través de Toupiconsellos, xogos, vídeos, cancións e moitas outras sorpresas e ao que se pode acceder e asociarse en www.oclubdatoupi.gal